Vistas de página en total

viernes, 25 de marzo de 2011

Xornadas da muller traballadora inmigrante

MESA REDONDA CON MULLERES INMIGRANTES


Pidenme que escriba as miñas impresión sobre a mesa redonda organizada no Insti co motivo do día da muller, e empezo así coma si eu fora escritora e as miñas opinions foran de interese para outros. E que vou decir?  Que foi magnifico!. 



Sofia y Anne Marie
Foi magnifico oir a Anne Marie congoleña de Kinshasa decir que  ainda que no seu pais era estudante de enfermeria e aqui non lle convalidan estudos por non haber acordos co Congo,  estuda a ESO e quere chegar a Universidade. É magnifico porque esta aqui soa con unha meniña de sete anos, a súa filla que e guapa como un sol da cor dun toffe e cun soriso que enche toda unha habitación. E despois de traballar todo o día nunha casa  chega e atende a súa nena e estuda e esta feliz porque co seu soldo pequeño a súa nena estuda  nun colexio.

Angela e Rokellini
Magnifico tamén foi escoitar a Rokellini brasileira contarnos con toda sencillez e con moito sentido do humor  como nas primeiras semanas de traballo en Galiza no servizo domestico  por non entender ben o idioma afogou as prantas da casa porque ela regaba todos os días, como na súa casa en Bahia  e como agora  que sigue traballando na mesma casa se considera  unha galega máis e a súa  filla de 12 anos, adolescente coma calquera das nosas alumnas estuda e apropiouse do idioma e da vida en  Galiza coma calquera adolescente galega.
Estefania y Ana Maria
Emoionoume oir a Piedrabuena (Ana Maria) Uruguaia loubar o noso sistema de saude denostado  por todos nos;  pero  que maravilloso lles parece vivir nun pais que non te deixa de lado cando  sobreven unha enfermidade a persoas que no seu aínda non o teñen acadado. Deunos azos para defendelo e tentar de melloralo. E que emotivo  foi escoitarlle falar da morriña da súa sogra,  emigrante galega en Montevido , da sua terra á que quixera voltar de visita pero non se atreve porque sabe que todo mudou e a súa vida hoxe esta no seu pais de acollida.

Enterneceume Goretti   dunha  cultura milenaria e tan diferente á nosa ,  Indú de Kerala India , técnica en electrónica no seu país que nos conta que  estudou  español porque esperaba  vir a traballar a España por consello dunha irma,  e que por timidez apena pode falar porque como di,  cando se lle pasa o microfono “se lle sube o corazon á cara”  cando se expresa en público.  Enterneceme máis porque sei dos seus esforzos para conseguir que o seu home viñera xunto  ela e da felicidade que supon que estean  xuntos aínda que sexa nun pais que lles é extrano.

Judit y Goretti
Mirian y Kouma
Impresioname Kouma coa dignidade, forza e beleza que se lles concedeu as mulleres saharauis envolta na sua “melfa” que resalta a beleza das mulleres do Sahara,  representante do seu país sin estado, con pasaporte de Mauritania  porque a comunidade internacional negalles unha nacionalidade que non sexa a do ocupante Marrocos . Impresioname cando asegura co a sua voz pausada e doce pero firme que ela está en Galiza polas suas fillas de 11 e 8 anos porque aqui teñen as oportunidades que en Mauritania non poden ter, cando a súa felicidade estaría xunto a súa familia e no su pais Sahara.
Doullesa as grazas por prestarse a falarnos da súa vida diante dun público de xente nova que respetuosos e atento seguiu toda a sua conversa (pese ao son deficiente nas últimas filas) e por non contarnos exactamente a dificultades que teñen con nos porque hai  moitas historias que non se deben contar a rapaces e rapazas novas e asi o entenderon. 


 Sei que se sentiron ben acollidas e escoitadas e si sirveu para darlles unha voz diante de nos ás mulleres que sairon da sua terra para acadar para elas e as súas familias unha vida mellor un dos obxectivos (tan importantes en educación) esta máis que conseguido.


 Orgullosa me sinto do traballo realizado polas alumnas do Instituto, as moderadoras Noelia e Marta levaron a conversa con responsabilidade, tino e unha sensibilidade e respecto abraiante en persoas que nunca fixeran esta laboura tan dificil como é guiar unha mesa redonda.
Judit, Angela , Estefanía , Mirian e Sofía presentaron e agasallaron ás mulleres invitadas  con moito cariño e  fixeron que se sentiran acollidas e benvidas.  O guión da mesa redonda o realizaron as alumnas de bacharelato e as do ciclo medio de administrativo
Orgullosa e satisfeita me sinto do traballo realizado polas miñas alumnas de ciclo medio. Todas elas en horas de clase e aínda con exames e outras obrigas, recopilaron información sobre os paises nun documento, elaboraron as presentacións de Powert Point e presentaron o seu traballo ante  os asistentes . Candela, Daniel, Eugenia, Iria e Fanny  sobrepoñendose a timidez expuxeron a presentación, Natalia e Alejandro, sin facerse notar,  estiveron pendientes da organizació,  das necesidades das invitadas e de que todo saira ben, foi un traballo de equipo.
Todo esto  foi argallado polo grupo de traballo de educación e desenvolvemento no Instituto e sin nos tampouco sairia ben , sobre todo sin o traballo e organización de Eva, Sol, Olga, Alfredo , Graciela, Manolo. E dende logo sin Carmela de Caritas non poderimos chegar as mulleres,  grazas por facilitarnos o contacto, o traballo e pola tua intervención.
Como conclusión extraio as mensaxes que as miñas alumnas dirixiron ao correo da blog
He aprendido a valorar su coraje y también, por mi parte, a valorar aun más de lo que dispongo en mi vida.”
“Fue un trabajo que en particular me gusto mucho ya que yo me siento identificada con esas personas me gusto escuchar muchas de las cosas que dijeron por que como inmigrante tambien pienso muchas de las cosas que ellas dijeron por esa razon fue que me gusto tanto.”
Me pareció conveniente que nos diéramos cuenta de lo importante es una sanidad y educación pública, universal y gratuita y de lo mal que se pasa en un país donde te sientes extraño.”
Fue muy emocionante que nos contaran lo que han vivido las experiencias que han vivido desde que llegaron aquí . como ven la forma de vivir aquí en diferencia  a sus paises, fue una actividad muy entretenida
“Fue muy interesante ya que el hecho de saber como la mujeres lucharon para poder llegar a Galicia, acostumbrase ,  lengua,estar lejos de su familia… Es muy emocionante,cada una tuvo que pasar por momentos muy duros lo cual las hizo mas fuertes.”
“Me parecio muy interesante este trabajo, porque aprendemos cosas de los países como la historia,lugares.....etc. y sabemos también como es la vida en ese país. Aprendemos también que no es fácil encontrar un trabajo y que tenemos que hacer esfuerzos para vivir, como por ejemplo abandonar a tu familia en tu país e irte para otro sin tener otra opción sin saber si en ese país vas a estar bien o mal.”
“A pesar de que odio hablar en público, me encantó compartir un rato con mujeres que demuestran como se pueden afrontar tantas y diferentes situaciones en la vida, capacidad de adaptación, fuerza...desde luego una experiencia que ayuda a valorar todas esas cosas que tenemos tan cerca y a veces no vemos.”
Eu como profe penso que é asi como temos que traballar en equipos, contando coas alumnas e dandolles protagonismo, facilitandolles o traballo e coordinando pero deixando facer, implicando en actividades que lle sirvan para aprender a vivir e mostrando o que son capaces de facer. Xa sei como profe tamén que non sempre é posible pola “mardita progamación” e que consideramos que son máis importantes os coñecementos  e así nolo exixen , pero que gratificante cando unha actividade así sae ben… Que se repita!

Lola Pazos

jueves, 17 de marzo de 2011

Xornadas sobre Muller - traballo -inmigración

Con motivo do día da muller o próximo día 23 ás 12:30 organizaremos unha mesa redonda coa intervención de mulleres inmigrantes que residen en Galicia.
A mulleres que nos contarán ás súas experiencias son:
  • Goretti, de 27 anos, natural de Kerala, provincia de Ermagula, India. Vive en Galicia dende fai 3 anos e medio.
  • Kouma, de 27 anos, de nacionalidade saharaui, residente en Galicia dende hai 8 anos.
  • Ana María Piedrabuena, de Montevideo, Uruguay. Residente en Galicia dende hai 5 anos e medio.
  • Rockelini, de 33 anos, natural de Bahía, Brasil. Chegou a Galicia fai 3 anos e medio.
  • Anne Marie, de 26 anos, natural de Kinsasa, Congo. Chegou a Galicia fai 3 anos e media.
Este ano celebramos o centenario daquel primeiro Día Internacional da Muller en 1911, no que máis de un milleiro de mulleres e homes europeos participaron para reclamar o dereito ao voto, a ocupar cargos públicos e o fin da discriminación laboral.
Aínda xa pasado o día 8 de marzo, vanse levar a cabo no centro distintas actividades para reflexionar sobre a situación da muller. Entre elas, unhas XORNADAS DE LECTURA en torno á muller.
Alumnos e alumnas do grupo de Lectores Solidarios do centro intercambiaranse nos grupos para ler unha selección de textos sobre a muller para os seus compañeiros.
Entre eles están os que figuran a continuación, que están á vosa disposición na biblioteca do centro. Premendo nas ligazóns accederedes a información de interese sobre títulos e autores, así como ás portadas dos libros.

Na biblioteca haberá tamén  unha exposición de obras de protagonismo feminino.