Vistas de página en total

jueves, 19 de enero de 2012

Proxecto Le, canta achegate e coopera. Visita Ao Hospital Arquitecto Marcide"

Sofía, Dani, Alba, Noa, Thalía e Fiz,fixeron a representación e a maxia no Hospital Arquitecto Marcide, foron a representación do colectivo de alumnas /os que participan nas actividades solidarias do Intituto.



Finalidade do traballo:
Este proxecto consiste na lectura de textos solidarios acompañada de música e interpretación. Está destinado especialmente a persoas maiores socias das cooperativas de consumo do territorio e rapaces enfermos en hospitales do noso contorno, pero estará aberto a toda a comunidade en xeral, evitando calquera tipo de discriminación.

Como contrapartida propoñemos as cooperativas participantes que destinen unha cuantía do seu Fondo de Obras socias ( Na cantidade que eles estimen ) e/ou axuda técnica voluntaria nos proxectos solidarios que desenvolvamos no Instituto con paises do Sur ( America do Sur e África prioritariamente )

Os alumnos/as participan con voz e voto na comisión creada para establecer os proxectos aos que destinaremos os fondos obtidos coa actividade cooperativizada ( Fondo de finanzamento ético ). As cooperativas que participen no proxecto poderán participar con voz e voto e implicarse como elas mesmas estimen nos proxectos de desenvolvemento co Sur.



Obxectivos educativos
• Fomentar o traballo en equipo, e a axuda mutua como ferramentas para mellorala calidade do ensino
• Potenciar os procesos de socialización, , a adquisición de competencias sociais, a relativación dos puntos de vista,o incremento das aspiracións persoais e o rendemento académico.
• Familiarizar ao alumnado cos procesos de emprendemento social e introducilo dende novo nestas dinamicas
• Promover a reflexión individual e colectiva , a democracia participativa e a responsabilidade solidaria.
• Fomentar unha dimensión internacional e unha perspectiva global da educación en todolos seus niveis e formas.
• Implemetar na aprendizaxe metodoloxías activas, animando á formación participativa.



Obxectivos cooperativos
• Fomentar a relación directa entre o noso alumnado e as cooperativas do contorno. A gran maioría das familias do noso alumnado teñen unha relación directa ou indirecta coas cooperativas de consumidores do noso contorno Cooperativa de Meiras, Cooperativa do Val, Cooperativa Xoaniña .
• Traballar no proxecto poñendo en práctica os principios cooperativos da ACI (Adhesión voluntaria e aberta, xestión democrática por parte dos participantes, participación dos alumnos/as e profesores/as , autonomía e independencia, educación, formación e información, intercooperación e Interés pola comunidade ) para que alumnado e profesorado vaian adquirindo valores e aptitudes cooperativas.



Obxectivos solidarios
• Introducir ao alumnado na educación para o desenvolvemento mediante metodoloxías de Investigación- Acción – Participación
• Explorar as posibilidades do cooperativismo como ferramenta nos procesos solidarios
• Fomentar que o alumnado teña poder de decisión nos proxectos de cooperación e adquira coñecementos no uso e xestión dos recursos destinados a procesos solidarios.
• Promover a solución das necesidades mediante a posta en marcha de proxectos de emprendemento social

Metodoloxía

IAP ( Investigación - Acción - Participación )

1.- Investigación  Permanente .....  Grupo de traballo profesorado --  Apoio ONGD

2.- Acción :    Proxecto:  Le ,canta achégate e coopera : 4º ESO --   Lectura solidaria Marcide

3.- Participación:   Implicación do alumnado -  ESO    Bach  FP


4.- Investigación IES Alumnado ---  Obxectivos do milenio : Pobreza e sanidade pública  (OM1) , Mortalidade infantil (OM4), Mortalidade materna (OM5), , Combatelo SIDA (OM6),  Bach., FP .ESO

5.- Acción :    Participar nun programa de cooperación internacional  implicando a inmigrantes de Ferrolterra