Vistas de página en total

jueves, 12 de noviembre de 2009

1.1 A Economía e a Ciencia Económica

A humanidade ten unha historia de 100.000 anos sobre a terra . Dende fai arredor de 5000 anos as persoas intentamos dilatar ao máximo a chegada da morte e mellorala calidade de vida nun proceso chamado civilización , no último período conseguimos aumentala idade media das persoas e elevala calidade de vida, ainda que dunha forma moi desigual, así o mundo diferenciase en dous grandes bloques, os paises do Norte ( ricos ) e os paises do sur ( pobres) . Un dos problemas básicos da Economía é acabar coa pobreza no mundo

A regra básica de supervivencia no planeta Terra consiste en ingresar algo más de enerxía da que se consume . Toda esta enerxía procede do Sol

A Economía é so unha parte do ecosistema .

A especie humana e mais fráxil que outros seres vivos fronte a Natureza, pero é o animal que mellor superou as súas limitacións físicas . Foi capaz de dedicar parte das súas enerxías para o traballo colectivo e así constituír sociedades. A sociedade mellora as posibilidades de supervivencia e a calidade de vida dos individuos.


Sociedade

A sociedade é unha entidade baseada nunha rede de relacións entre persoas , permite unha adaptación rápida aos cambios do medio grazas á cohesión e a flexibilidade. A soiedade reduce a incertidume vital das persoas.

O primeiro obxectivo da sociedade é a supervivencia dos seus membros.


Cultura

Cada sociedade crea solucións propias ao seu territorio isto constitúe a cultura.

O medio vital das persoas é un territorio determinado . O territorio esta formado pola comunidade de persoas que viven nel, o medio natural e as interaccións entre as persoas e o medio.

ACTIVIDAD ECONÓMICA

Forma concreta de producilos bens e obtelos ingresos que necesitamos para vivir.

A actividade económica nun territorio depende dos recursos, as técnicas da sociedade, a cultura, os valores e as normas de comportamento

O éxito ou fracaso dunha Economía mídese en función dos valores da sociedade .