Vistas de página en total

sábado, 17 de octubre de 2015

¿ Podemos organizar unha rede de viaxes escolares solidarios?








Creación dunha rede horizontal de viaxes escolares solidarios entre diferentes centros escolares


Obxectivos específicos:

1.- Crear un destino local de viaxe ao  servizo dos  centros doutras localidades que garanta actividades  acordes cos  nosos obxectivos de educación para o desenvolvemento.







1.a Un contorno natural- cultural atractivo para organizar rutas culturais e/ou de natureza

1.b Unha residencia con espazos que permitan a posta en marcha de talleres de Educación solidaria, convivencia , actividades para a Educación Ambiental

2.- Desenvolver actividades nos centros escolares e no contorno para crear un fondo que permita que ningún alumn@ quede sen viaxe solidario

3.- Crear unha alternativa aos viaxes dispoñendo pouco a pouco dunha rede nacional - internacional de destinos alternativos e a baixo costo

4.- Apoiar na medida do posible os emprendementos locais que apostaron por proxectos de educación medioambiental




Que propoñemos

Con respecto ao obxectivo 1

 .- Crear un destino turístico alternativo en Ferrolterra e informar a toda a rede sobre as posibilidades de dispor no  territorio dun destino con residencia, actividades … con prezos adaptados as nosas necesidades  
Con respecto ao obxectivo 2 .
 Organizar un fondo solidario no teu centro ou no teu territorio ( participarían varios centros ) , e talleres para aportar ideas e intercambialas con outros centros escolares , na limnea de organizar actividades para poder implementar unha política de becas / axudas …para evitar a exclusión escolar 

Con respecto ao obxectivo 3.

Presentalo proxecto e invitar a outros centros escolares e  ONGDs de viaxes alternativos para estar en contacto . Entrar en contacto con centros e ONGDs de viaxes solidarios que xa teñan organizados destinos por se están interesadas en promover este acercamento do alumnado aos viaxes solidarios

Con respecto ao obxectivo 4.

 Valorar para elixir albergue, residencia etc. Que sexa un emprendemento social, local, que traballe educación solidaria, medioambiental … Outra posibilidade é utilizalo propio centro como residencia se reúne condicións ( duchas, posibilidades de acampar , comedor , permisos …)