Vistas de página en total

martes, 18 de marzo de 2014

World café en Trasancos. O traballo no mundo

Conversacións  en torno á Emigración  e o traballo, centrándonos na xuventude e no traballo infantil ,  o traballo informal e  precario  ,  para compartir ideas e analizar  a realidade . 



Conversamos nas   diferentes mesas sobre o traballo informal,  forma de traballo moi negativa para a calidade de vida ,e moi  perigroso , xa que non existe un contrato, os traballadores non teñen seguridade social nin laboral, poden ser despedidos sin motivo e sen ningunha indemnización. Falamos de duas modalidades de informalidade diferentes :-Autónomos informais : que traballan pola sua conta por exemplo en emprendementos familiares  sin estar dados de alta -Traballadores asalariados: empregados de empresas informais ,  os empregados non dados de alta nin rexistrados




Destacamos nas conversas aspectos negativos :

1. Os traballadores non están rexistrados, polo tanto non teñen dereitos laborais e son explotados
2. Caso específico é a explotación das persoas doutros países sen papeis. Sen seguridade social, sen dereitos laborais e facendo competencia desleal a empresarios que actúan legalmente
3. Moitas persoas coa crise actual non poden elixir e aceptan estes traballos para ganarse a vida
5. En caso de accidente non teñen ningun tipo de protección



O traballo infantil 

A crise actual fainos ver onde vivimos, a menores buscando nos contenedores da basura, ou pedindo cartos na rúa ou recollendo chatarra, situacións que antes viamos na tele podemolas ver a cotián nos nosos barrios . A pobreza obliga aos menores a contribuir á subsistencia da familia.
Antes da crise, os menores contribuían so excepcionalmente, na agricultura familiar na colleita , ou en tarefas domésticas ou axudando nun negocio familiar pero era moi raro velo na nosa cidade, veiamolo en reportaxes de paises non desenvoltos e en extrema pobreza . Agora pese a estar prohibido temos moi preto a rapaces sen escolarizar e ou na Economía informal