Vistas de página en total

lunes, 3 de diciembre de 2012

¿ Podemos organizar unha rede de viaxes escolares solidarios?

Proxecto: 
 
Creación dunha rede horizontal de viaxes escolares solidarios entre diferentes centros escolares

Contexto:

En moitos centros escolares, onde traballamos educando no consumo responsable, estamos vivindo a contradición de ver como se organizan viaxes escolares e de fin de curso “consumistas” sen ningún carácter educativo, pero a prezos moi competitivos . Por outra parte tamén organízanse interesantes viaxes a grandes capitais europeas, pero que no momento de crise que vivimos, están xerando importantes desigualdades entre o alumnado dos centros, as familias mais afectadas pola crise non poden financiar este tipo de actividades.
Obxectivo xeral : Crear unha rede de viaxes escolares solidarios

Obxectivos específicos
:

1.- Crear un destino local de viaxe ao  servizo dos  centros doutras localidades que garanta actividades  acordes cos  nosos obxectivos de educación para o desenvolvemento.

1.a Un contorno natural- cultural atractivo para organizar rutas
culturais e/ou de natureza
1.b Unha residencia con espazos que permitan a posta en marcha de
talleres de Educación solidaria, convivencia , actividades para a Educación Ambiental
2.- Desenvolver actividades nos centros escolares e no contorno para crear un fondo que permita que ningún alumn@ quede sen viaxe solidario

3.- Crear unha alternativa aos viaxes dispoñendo pouco a pouco dunha rede nacional - internacional de destinos alternativos e a baixo costo

4.- Apoiar na medida do posible os emprendementos locais que apostaron por proxectos de educación medioambiental






Que propoñemos

Con respecto ao obxectivo 1 .- Informar a todala rede sobre as posibilidades de dispoñer no teu territorio dun destino con residencia, actividades … con prezos adaptados as nosas necesidades e que nos permitan visitarvos e coñecervos

Con respecto ao obxectivo 2 .- Organizar un fondo solidario no teu centro ou no teu territorio ( participarían varios centros ) , e talleres para aportar ideas e intercambialas con outros centros escolares , na limnea de organizar actividades para poder implementar unha política de becas / axudas …PARA QUE NINGUN ESTUDIANTE QUEDE EXCLUIDO

Con respecto ao obxectivo 3.- Presentalo proxecto e invitar a outros centros escolares presentes. Enviar correos electrónicos a centros e ONGDs de viaxes alternativos para estar en contacto . Entrar en contacto con centros e ONGDs de viaxes solidarios que xa teñan organizados destinos por se están interesadas en promover este acercamento do alumnado aos viaxes solidarios

Con respecto ao obxectivo 4.- Valorar para elixilo albergue, residencia etc. Que sexa un emprendemento social, local, que traballe educación solidaria, medioambiental … Outra posibilidade é utilizalo propio centro como residencia se reúne condicións ( duchas, posibilidades de acampar , comedor , permisos …)

Pasos dados :
Na creación do noso destino de viaxes solidarios

1.- Temos un grupo solidario dentro do IES Terra de Trasancos

2.- Participamos en Armeria S. Coop. Galega, na Comisión de viaxes educatibvos e solidarios
http://viaxes-educativos-solidarios.blogspot.com.es/


Para participar os centros de fora do territorio, non tedes que facer nada en especial a nivel local, so avisarnos de que queredes recibir información dos destinos. Se encargaría de coordinar e informar a cooperativa sen ánimo de lucro Armeria

2.- Estamos creando destinos de Ecoturismo solidario en diferentes territorios .

Axentes que participan :

  • Profesor@s de todolos niveis educativos
  • Profesor@s de todalas comunidades ( estamos completando o mapa da península ibérica
  • Destinos de viaxe: Albergues, cámping , casas .... vinculadas á Educación solidaria, ou ao Ecoturismo . Proxectos cooperativos, familiares, vinculados ao desenvolvemento local, rural
  • Ongds de viaxes solidarios que están dando un importante apoio neste proxecto
  • Banca ética : Propoñemonos crear un fondo solidario en cada centro vinculado si é posible a unha entidade de Banca ética
Animate a participar na rede e invita a outr@s profesor@s que conozcas

Mais información :

viernes, 23 de noviembre de 2012

El enfoque del desarrollo humano o enfoque de las capacidades










 


     
     
   
   






  Discurso de Martha C. Nussbaum



El enfoque del desarrollo humano o enfoque de las
capacidades.

¿Lo que he hecho sostiene que el crecimiento económico,
medido por el PIB per cápita, no es suficiente para evaluar la calidad
de vida nacional ?






  • Discurso de Martha C. Nussbaum - Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales





  • En defensa da agricultura labrega


    O movemento internacional campesino A Via Campesina presenta o
    video en defensa da agricultura campesina e a soberanía alimentaria en
    todo o mundo.

    Vexan este documental de 20 minutos de duración
    http://video.viacampesina.org/


    lunes, 12 de noviembre de 2012

    Obxectivos do Milenio nº 2 Valoración funcionamentos e capacidades

    Taller nº1 Necesidades humanas
    Economía 1º bacharelato




    Resume traballo cooperativo de aula elaborado por: alumn@s
     

    Valoración das necesidades humanas empregando conceptos do Economista Amartya Sen, que destaca polas súas aportacións ao estudo da pobreza, e a ética na Economía . Sen ( Premio novel de Economía ) argumenta a necesidade de mudarse de medir a calidade de vida pasando das ideas de cubrir con bens materiais as necesidades básicas dos enfoques inicias, aos novos conceptos de funcionamentos, capacidades e realizacións.


    Pasos:

    1º Visionado do Capítulo 2 historias do milenio.- Educación primaria universal

    Huachipa é un deserto de polvo e arena ao este de Lima, Perú. Un polvo que todolos días respira Abel que aos 14 anos traballa nunha ladrilleira. A xornada comeza as seis da mañá, polas tardes vai á escola. ... “ El Sotano.doc” http://www.historiasdelmilenio.com/educacion_universal_primaria.html




    Funcionamentos :




    2º Valoración dos funcionamentos de Abel. Fortalezas e debilidades


    Os funcionamentos, varían dende aspectos tan elementais como o estar ben nutrido e libre de enfermidades, ata tarefas e vivencias mais complexas, como o respecto propio, a preservación da dignidade humana, participar na vida da comunidade e outros.( Amartya Sen )

    Resumo Fortalezas





    • As ganas de cambiar de estilo de vida , de estudar e conseguir así un traballo mellor
    • O apoio d@s profesor@s a pesar das condicións nas que viven
      ( Escola, medio ambiente, vivenda ...)
    • A madurez e o realismo co que afronta o futuro ( Aspira a estudar para mecánico )
    • Manter a relación familiar pese as dificultades económicas
    • A forza de vontade para estudar e traballar ao mesmo tempo nun contorno moi negativo
      e sen medios
    Resumo Debilidades



    • As enfermidades da súa familia complícanlle os estudos ( os cartos que gaña empréganse para pagar menciñas )
    • Non ten un espazo axeitado para estudar
    • O tempo e esforzo de traballar non o pode investir en estudar nin en divertirse
    • O salario non corresponde ao traballo realizado
    • Séntese diferente aos demais rapaces polo seu traballo, limitando as súas relacións sociais


    Capacidades




    A capacidade dunha persoa refírese ás combinacións alternativas de funcionamentos, entre cada unha das cales unha persoa pode elixir. En este sentido, a capacidade dunha persoa corresponde á liberdade e posibilidades que ten para levar unha determinada clase de vida. ( Amartya Sen )


    • Combina estudar e traballar , axuda a manter a súa familia e vai a aprender ao colexio
    • Logra manter atención na escola pese ás horas de traballo previas e ser eficiente
    • Sabe que soamente pode chegar a ser mecánico e non estuda para ir á universidade. Combina as ganas e a capacidades de estudar, madurez e realismo tendo en conta a súa calidade de vida.
    • E quen de manter as relacións familiares, os estudos e o traballo ao mesmo tempo


    Recursos empregados :

    - Video Capítulo 2 historias do milenio.- Educación primaria universal

    viernes, 5 de octubre de 2012

    Economía Solidaria

    Logo de traballar en clase de Economía con documentais algo "tristes" sobre a pobreza e a falla de oportunidades educativas, presentamos este video "alegre" inspirador de que as cousas poden mellorar -en portugués , subtitulado en castelan- Baseado en experiencias de Economía Solidaria no Brasil, que logran día a día mellorala calidade de vida


    miércoles, 19 de septiembre de 2012

    Necesidades e calidade de vida


    É posible considerala vida que leva unha persoa como unha combinación de traballos que desenvolve e vivencias persoais, aos que xenericamente se lles pode chamar funcionamentos. (Amartya Sen)

     Os funcionamentos, varían dende aspectos tan elementais como o estar ben nutrido e libre de enfermidades, ata tarefas e vivencias mais complexas, como o respecto propio, a preservación da dignidade humana, participar na vida da comunidade e  outros.

     A  capacidade dunha persoa refírese ás combinacións alternativas de funcionamentos, entre cada unha das cales  unha persoa pode elixir. En este sentido, a capacidade dunha persoa corresponde á liberdade e posibilidades que ten para levar unha determinada clase de vida.

    Sen ( Premio novel de Economía ) argumenta a necesidade de mudarse de medir a  calidade de vida  pasando das ideas  de cubrir con bens materiais as necesidades básicas  dos enfoques inicias, aos novos conceptos  de capacidades e realizacións.
    Unha realización é o  que unha persoa pode facer ou ser. Un ben pode permitir unha realización pero é  distinto dela. Por exemplo, unha bicicleta é un ben; mentres que ser capaz de vir nela  ao Instituto é  unha realización. Moitas persoas que teñen unha  bicicleta, poden estar en capacidade  de lograr diferentes clases de realizacións dependendo dos seus outros atributos - o ben alimentados están, a saúde,  e así sucesivamente





    jueves, 19 de enero de 2012

    Proxecto Le, canta achegate e coopera. Visita Ao Hospital Arquitecto Marcide"

    Sofía, Dani, Alba, Noa, Thalía e Fiz,fixeron a representación e a maxia no Hospital Arquitecto Marcide, foron a representación do colectivo de alumnas /os que participan nas actividades solidarias do Intituto.



    Finalidade do traballo:
    Este proxecto consiste na lectura de textos solidarios acompañada de música e interpretación. Está destinado especialmente a persoas maiores socias das cooperativas de consumo do territorio e rapaces enfermos en hospitales do noso contorno, pero estará aberto a toda a comunidade en xeral, evitando calquera tipo de discriminación.

    Como contrapartida propoñemos as cooperativas participantes que destinen unha cuantía do seu Fondo de Obras socias ( Na cantidade que eles estimen ) e/ou axuda técnica voluntaria nos proxectos solidarios que desenvolvamos no Instituto con paises do Sur ( America do Sur e África prioritariamente )

    Os alumnos/as participan con voz e voto na comisión creada para establecer os proxectos aos que destinaremos os fondos obtidos coa actividade cooperativizada ( Fondo de finanzamento ético ). As cooperativas que participen no proxecto poderán participar con voz e voto e implicarse como elas mesmas estimen nos proxectos de desenvolvemento co Sur.



    Obxectivos educativos
    • Fomentar o traballo en equipo, e a axuda mutua como ferramentas para mellorala calidade do ensino
    • Potenciar os procesos de socialización, , a adquisición de competencias sociais, a relativación dos puntos de vista,o incremento das aspiracións persoais e o rendemento académico.
    • Familiarizar ao alumnado cos procesos de emprendemento social e introducilo dende novo nestas dinamicas
    • Promover a reflexión individual e colectiva , a democracia participativa e a responsabilidade solidaria.
    • Fomentar unha dimensión internacional e unha perspectiva global da educación en todolos seus niveis e formas.
    • Implemetar na aprendizaxe metodoloxías activas, animando á formación participativa.



    Obxectivos cooperativos
    • Fomentar a relación directa entre o noso alumnado e as cooperativas do contorno. A gran maioría das familias do noso alumnado teñen unha relación directa ou indirecta coas cooperativas de consumidores do noso contorno Cooperativa de Meiras, Cooperativa do Val, Cooperativa Xoaniña .
    • Traballar no proxecto poñendo en práctica os principios cooperativos da ACI (Adhesión voluntaria e aberta, xestión democrática por parte dos participantes, participación dos alumnos/as e profesores/as , autonomía e independencia, educación, formación e información, intercooperación e Interés pola comunidade ) para que alumnado e profesorado vaian adquirindo valores e aptitudes cooperativas.



    Obxectivos solidarios
    • Introducir ao alumnado na educación para o desenvolvemento mediante metodoloxías de Investigación- Acción – Participación
    • Explorar as posibilidades do cooperativismo como ferramenta nos procesos solidarios
    • Fomentar que o alumnado teña poder de decisión nos proxectos de cooperación e adquira coñecementos no uso e xestión dos recursos destinados a procesos solidarios.
    • Promover a solución das necesidades mediante a posta en marcha de proxectos de emprendemento social

    Metodoloxía

    IAP ( Investigación - Acción - Participación )

    1.- Investigación  Permanente .....  Grupo de traballo profesorado --  Apoio ONGD

    2.- Acción :    Proxecto:  Le ,canta achégate e coopera : 4º ESO --   Lectura solidaria Marcide

    3.- Participación:   Implicación do alumnado -  ESO    Bach  FP


    4.- Investigación IES Alumnado ---  Obxectivos do milenio : Pobreza e sanidade pública  (OM1) , Mortalidade infantil (OM4), Mortalidade materna (OM5), , Combatelo SIDA (OM6),  Bach., FP .ESO

    5.- Acción :    Participar nun programa de cooperación internacional  implicando a inmigrantes de Ferrolterra