Vistas de página en total

jueves, 7 de noviembre de 2019

ECONOMÍA CIRCULAR

A Economía Circular é un concepto que engloba a todas as empresas, proxectos e iniciativas que empregan unha economía sostible, que conserva e mellora o capital natural, optimiza o uso dos recursos e minimiza os riscos do sistema.



                                                     Debuxos de Vera Alvarez 2º bach




A Economía Circular no SXXI pretende substituír á Economía lineal
A Economía lineal foi un modelo baseado en “tomar, facer, refugar ”consiste en empregar  grandes cantidades de enerxía e outros recursos baratos e de fácil acceso, levando  ao límite a capacidade do planeta.



                                           Debuxos: Cristina Freire, Noemi Mera


O obxectivo da Economía Circular é alongar a vida útil dos refugallos, converténdoos en recursos, para implementar unha economía xusta, social, colaborativa e sostible, que abandone o actual sistema  lineal de “usar e tirar”. A Estratexia de Europa 2020 pretende xerar un crecemento económico intelixente, sostible e integrador, para acadar unha Europa que utilice, eficazmente, os  recursos e logre reducir a xeración de refugallos

Principios da Economía Circular

 Preservar  e mellorar o capital natural

 Poñer en práctica a eco-concepción (A eco-concepción consiste en que o proceso de creación de calquera produto,  pode ser enfocado, dende un primeiro momento, de xeito respectuoso co medio ambiente ); ter en conta os impactos medioambientais ao longo do ciclo de vida do produto.

 Optimizar os recursos

 Antepoñer o uso á  posesión; Pagar por servizo e non por produto.

 Reintroducir os produtos que xa non valen  para darlles outro uso

 Reutilizar os residuos  que aínda poden funcionar e ser de utilidade

 Promover a reparación; arranxar os produtos para darlles unha nova vida, en lugar de desechar e mercar outros novos

 A  reciclaxe e un dos motores da economía circular, para aproveitar os materiales que se encontran nos residuos 

miércoles, 23 de octubre de 2019

 

 Asentamentos informais en Grandes Cidades
Índice:

1.- As cidades e os obxectivos de desenvolvemento sostible

2.- A Nova axenda urbana

3.-  As favelas de Río de Janeiro

4. .- A calidade de vida 

5.- Actividade económica e emprego

6.- Bibliografia :






ODS 11 CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES