Vistas de página en total

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Necesidades e calidade de vida


É posible considerala vida que leva unha persoa como unha combinación de traballos que desenvolve e vivencias persoais, aos que xenericamente se lles pode chamar funcionamentos. (Amartya Sen)

 Os funcionamentos, varían dende aspectos tan elementais como o estar ben nutrido e libre de enfermidades, ata tarefas e vivencias mais complexas, como o respecto propio, a preservación da dignidade humana, participar na vida da comunidade e  outros.

 A  capacidade dunha persoa refírese ás combinacións alternativas de funcionamentos, entre cada unha das cales  unha persoa pode elixir. En este sentido, a capacidade dunha persoa corresponde á liberdade e posibilidades que ten para levar unha determinada clase de vida.

Sen ( Premio novel de Economía ) argumenta a necesidade de mudarse de medir a  calidade de vida  pasando das ideas  de cubrir con bens materiais as necesidades básicas  dos enfoques inicias, aos novos conceptos  de capacidades e realizacións.
Unha realización é o  que unha persoa pode facer ou ser. Un ben pode permitir unha realización pero é  distinto dela. Por exemplo, unha bicicleta é un ben; mentres que ser capaz de vir nela  ao Instituto é  unha realización. Moitas persoas que teñen unha  bicicleta, poden estar en capacidade  de lograr diferentes clases de realizacións dependendo dos seus outros atributos - o ben alimentados están, a saúde,  e así sucesivamente