Vistas de página en total

miércoles, 6 de julio de 2011

"Le, canta, achegate e coopera".



O  Instituto acaba de recibir o primeiro premio do Certame "Cooperativismo no Ensino" na  Categoría F: alumnos/as de segundo ciclo da ESO. Este  proxecto foi deseñado polo grupo de traballo de educación solidaria, caracterízase fundamentalmente por ser interdisciplinar e basease no traballo en equipo de alumnas/os e profesoras/es,  para conformar un proxecto cooperativo-solidario

Finalidade do traballo:

Este proxecto  consiste na  lectura de textos solidarios acompañada de
música e interpretación. Está destinado especialmente a persoas maiores
socias das cooperativas de consumo  do territorio  e rapaces enfermos en
hospitais do noso contorno, pero estará aberto a toda a comunidade en xeral,
evitando calquera tipo de discriminación.

Como contrapartida propoñemos as cooperativas participantes que destinen
unha cuantía do seu Fondo de Obras sociais ( Na cantidade que eles estimen )
e/ou axuda técnica voluntaria  nos proxectos solidarios que desenvolvamos no
Instituto con países do Sur       ( América do Sur e África prioritariamente )




Os alumnos/as participan con voz e voto na comisión creada para establecer
os proxectos aos que destinaremos os fondos obtidos coa actividade
cooperativizada ( Fondo de finanzamento ético ). As cooperativas que
participen no proxecto poderán participar con voz e voto e implicarse como
elas mesmas estimen nos proxectos de desenvolvemento co Sur.