A mulleres que nos contarán ás súas experiencias son:
- Goretti, de 27 anos, natural de Kerala, provincia de Ermagula, India. Vive en Galicia dende fai 3 anos e medio.
- Kouma, de 27 anos, de nacionalidade saharaui, residente en Galicia dende hai 8 anos.
- Ana María Piedrabuena, de Montevideo, Uruguay. Residente en Galicia dende hai 5 anos e medio.
- Rockelini, de 33 anos, natural de Bahía, Brasil. Chegou a Galicia fai 3 anos e medio.
- Anne Marie, de 26 anos, natural de Kinsasa, Congo. Chegou a Galicia fai 3 anos e media.
Aínda xa pasado o día 8 de marzo, vanse levar a cabo no centro distintas actividades para reflexionar sobre a situación da muller. Entre elas, unhas XORNADAS DE LECTURA en torno á muller.
Alumnos e alumnas do grupo de Lectores Solidarios do centro intercambiaranse nos grupos para ler unha selección de textos sobre a muller para os seus compañeiros.
Entre eles están os que figuran a continuación, que están á vosa disposición na biblioteca do centro. Premendo nas ligazóns accederedes a información de interese sobre títulos e autores, así como ás portadas dos libros.
Na biblioteca haberá tamén unha exposición de obras de protagonismo feminino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario