Finalidade do traballo:
Este proxecto consiste na lectura de textos solidarios acompañada de música e interpretación. Está destinado especialmente a persoas maiores socias das cooperativas de consumo do territorio e rapaces enfermos en hospitales do noso contorno, pero estará aberto a toda a comunidade en xeral, evitando calquera tipo de discriminación.
Como contrapartida propoñemos as cooperativas participantes que destinen unha cuantía do seu Fondo de Obras socias ( Na cantidade que eles estimen ) e/ou axuda técnica voluntaria nos proxectos solidarios que desenvolvamos no Instituto con paises do Sur ( America do Sur e África prioritariamente )
Os alumnos/as participan con voz e voto na comisión creada para establecer os proxectos aos que destinaremos os fondos obtidos coa actividade cooperativizada ( Fondo de finanzamento ético ). As cooperativas que participen no proxecto poderán participar con voz e voto e implicarse como elas mesmas estimen nos proxectos de desenvolvemento co Sur.
Obxectivos educativos
• Fomentar o traballo en equipo, e a axuda mutua como ferramentas para mellorala calidade do ensino• Potenciar os procesos de socialización, , a adquisición de competencias sociais, a relativación dos puntos de vista,o incremento das aspiracións persoais e o rendemento académico.
• Familiarizar ao alumnado cos procesos de emprendemento social e introducilo dende novo nestas dinamicas
• Promover a reflexión individual e colectiva , a democracia participativa e a responsabilidade solidaria.
• Fomentar unha dimensión internacional e unha perspectiva global da educación en todolos seus niveis e formas.
• Implemetar na aprendizaxe metodoloxías activas, animando á formación participativa.
Obxectivos cooperativos
• Fomentar a relación directa entre o noso alumnado e as cooperativas do contorno. A gran maioría das familias do noso alumnado teñen unha relación directa ou indirecta coas cooperativas de consumidores do noso contorno Cooperativa de Meiras, Cooperativa do Val, Cooperativa Xoaniña .• Traballar no proxecto poñendo en práctica os principios cooperativos da ACI (Adhesión voluntaria e aberta, xestión democrática por parte dos participantes, participación dos alumnos/as e profesores/as , autonomía e independencia, educación, formación e información, intercooperación e Interés pola comunidade ) para que alumnado e profesorado vaian adquirindo valores e aptitudes cooperativas.
Obxectivos solidarios
• Introducir ao alumnado na educación para o desenvolvemento mediante metodoloxías de Investigación- Acción – Participación
• Explorar as posibilidades do cooperativismo como ferramenta nos procesos solidarios
• Fomentar que o alumnado teña poder de decisión nos proxectos de cooperación e adquira coñecementos no uso e xestión dos recursos destinados a procesos solidarios.
• Promover a solución das necesidades mediante a posta en marcha de proxectos de emprendemento social
Metodoloxía
IAP ( Investigación - Acción - Participación )
1.- Investigación Permanente ..... Grupo de traballo profesorado -- Apoio ONGD
2.- Acción : Proxecto: Le ,canta achégate e coopera : 4º ESO -- Lectura solidaria Marcide
3.- Participación: Implicación do alumnado - ESO Bach FP
4.- Investigación IES Alumnado --- Obxectivos do milenio : Pobreza e sanidade pública (OM1) , Mortalidade infantil (OM4), Mortalidade materna (OM5), , Combatelo SIDA (OM6), Bach., FP .ESO
5.- Acción : Participar nun programa de cooperación internacional implicando a inmigrantes de Ferrolterra
No hay comentarios:
Publicar un comentario