É
posible considerala vida que leva unha persoa como unha combinación de
traballos que desenvolve e vivencias persoais, aos que xenericamente se lles
pode chamar funcionamentos. (Amartya Sen)
Os funcionamentos, varían dende aspectos tan
elementais como o estar ben nutrido e libre de enfermidades, ata tarefas e
vivencias mais complexas, como o respecto propio, a preservación da dignidade
humana, participar na vida da comunidade e
outros.
A
capacidade
dunha persoa refírese ás combinacións alternativas de funcionamentos, entre
cada unha das cales unha persoa pode
elixir. En este sentido, a capacidade dunha persoa corresponde á liberdade e
posibilidades que ten para levar unha determinada clase de vida.
Sen
( Premio novel de Economía ) argumenta a necesidade de mudarse de medir a calidade de vida pasando das ideas de cubrir con bens materiais as necesidades
básicas dos enfoques inicias, aos novos
conceptos de capacidades e realizacións.
Unha realización
é o
que unha persoa pode facer ou ser. Un ben pode permitir unha realización
pero é distinto dela. Por exemplo, unha
bicicleta é un ben; mentres que ser capaz de
vir nela ao
Instituto é
unha realización. Moitas persoas que teñen unha bicicleta, poden estar en capacidade de lograr diferentes clases de realizacións
dependendo dos seus outros atributos - o ben alimentados están, a saúde, e así
sucesivamente
No hay comentarios:
Publicar un comentario