Vistas de página en total

lunes, 12 de noviembre de 2012

Obxectivos do Milenio nº 2 Valoración funcionamentos e capacidades

Taller nº1 Necesidades humanas
Economía 1º bacharelato




Resume traballo cooperativo de aula elaborado por: alumn@s
 

Valoración das necesidades humanas empregando conceptos do Economista Amartya Sen, que destaca polas súas aportacións ao estudo da pobreza, e a ética na Economía . Sen ( Premio novel de Economía ) argumenta a necesidade de mudarse de medir a calidade de vida pasando das ideas de cubrir con bens materiais as necesidades básicas dos enfoques inicias, aos novos conceptos de funcionamentos, capacidades e realizacións.


Pasos:

1º Visionado do Capítulo 2 historias do milenio.- Educación primaria universal

Huachipa é un deserto de polvo e arena ao este de Lima, Perú. Un polvo que todolos días respira Abel que aos 14 anos traballa nunha ladrilleira. A xornada comeza as seis da mañá, polas tardes vai á escola. ... “ El Sotano.doc” http://www.historiasdelmilenio.com/educacion_universal_primaria.html




Funcionamentos :




2º Valoración dos funcionamentos de Abel. Fortalezas e debilidades


Os funcionamentos, varían dende aspectos tan elementais como o estar ben nutrido e libre de enfermidades, ata tarefas e vivencias mais complexas, como o respecto propio, a preservación da dignidade humana, participar na vida da comunidade e outros.( Amartya Sen )

Resumo Fortalezas





  • As ganas de cambiar de estilo de vida , de estudar e conseguir así un traballo mellor
  • O apoio d@s profesor@s a pesar das condicións nas que viven
    ( Escola, medio ambiente, vivenda ...)
  • A madurez e o realismo co que afronta o futuro ( Aspira a estudar para mecánico )
  • Manter a relación familiar pese as dificultades económicas
  • A forza de vontade para estudar e traballar ao mesmo tempo nun contorno moi negativo
    e sen medios
Resumo Debilidades



  • As enfermidades da súa familia complícanlle os estudos ( os cartos que gaña empréganse para pagar menciñas )
  • Non ten un espazo axeitado para estudar
  • O tempo e esforzo de traballar non o pode investir en estudar nin en divertirse
  • O salario non corresponde ao traballo realizado
  • Séntese diferente aos demais rapaces polo seu traballo, limitando as súas relacións sociais


Capacidades




A capacidade dunha persoa refírese ás combinacións alternativas de funcionamentos, entre cada unha das cales unha persoa pode elixir. En este sentido, a capacidade dunha persoa corresponde á liberdade e posibilidades que ten para levar unha determinada clase de vida. ( Amartya Sen )


  • Combina estudar e traballar , axuda a manter a súa familia e vai a aprender ao colexio
  • Logra manter atención na escola pese ás horas de traballo previas e ser eficiente
  • Sabe que soamente pode chegar a ser mecánico e non estuda para ir á universidade. Combina as ganas e a capacidades de estudar, madurez e realismo tendo en conta a súa calidade de vida.
  • E quen de manter as relacións familiares, os estudos e o traballo ao mesmo tempo


Recursos empregados :

- Video Capítulo 2 historias do milenio.- Educación primaria universal

No hay comentarios:

Publicar un comentario