Conversacións en torno á Emigración e o traballo, centrándonos na xuventude e no traballo infantil , o traballo informal e precario , para compartir ideas e analizar a realidade .
Conversamos nas diferentes mesas sobre o traballo informal, forma de traballo moi negativa para a calidade de vida ,e moi perigroso , xa que non existe un contrato, os traballadores non teñen seguridade social nin laboral, poden ser despedidos sin motivo e sen ningunha indemnización. Falamos de duas modalidades de informalidade diferentes :-Autónomos informais : que traballan pola sua conta por exemplo en emprendementos familiares sin estar dados de alta -Traballadores asalariados: empregados de empresas informais , os empregados non dados de alta nin rexistrados
Destacamos nas conversas aspectos
negativos :
1. Os traballadores non están
rexistrados, polo tanto non teñen dereitos laborais e son
explotados
2. Caso específico é a explotación
das persoas doutros países sen papeis. Sen seguridade social, sen
dereitos laborais e facendo competencia desleal a empresarios que
actúan legalmente
3. Moitas persoas coa crise actual non
poden elixir e aceptan estes traballos para ganarse a vida
5. En caso de accidente non teñen
ningun tipo de protección
O traballo infantil
A crise actual fainos ver onde vivimos,
a menores buscando nos contenedores da basura, ou pedindo cartos na
rúa ou recollendo chatarra, situacións que antes viamos na tele
podemolas ver a cotián nos nosos barrios . A pobreza obliga aos
menores a contribuir á subsistencia da familia.
Antes da crise, os menores contribuían
so excepcionalmente, na agricultura familiar na colleita , ou en
tarefas domésticas ou axudando nun negocio familiar pero era moi
raro velo na nosa cidade, veiamolo en reportaxes de paises non
desenvoltos e en extrema pobreza . Agora pese a estar prohibido temos
moi preto a rapaces sen escolarizar e ou na Economía informal
No hay comentarios:
Publicar un comentario