Vistas de página en total

viernes, 10 de diciembre de 2010

Participamos no Foro Mundial de Educación

Co proxecto "emprendedores solidarios" do que forma parte este blog de Economía xunto cos blogs de tódolas alumnas/os , e os traballos do Proxecto empresarial, participamos este Sábado 11 de Decembro de 10,30 a 1 h na Facultade de Económicas no Foro Mundial de Educación (FME)










Que é o Foro Mundial de Educación

O Foro Mundial de Educación (FME) é un movemento pola cidadanía
planetaria e polo dereito universal á educación. Constitúese nun espazo de
constante diálogo entre todos os que, no mundo globalizado, levan adiante
proxectos de educación popular –formal ou informal– e de enfrontamento
ao neoliberalismo, sexa en esferas públicas, gobernamentais ou non, colectivas
ou de investigación. Está enmarcado no proceso do Foro Social
Mundial (FSM).

Por primeira vez en Europa


O Foro Mundial de Educación de Santiago de Compostela celebrarase entre o
10 e o 13 de decembro de 2010, dentro dos eventos programados baixo o paraugas
do Foro 2010 . Terá carácter temático, de xeito que as actividades autoxestionadas
ao seu redor xiraran en torno á educación, a investigación e a cultura de paz.
É a primeira vez que o Foro Mundial de Educación chega a Europa, coincidindo
ademais co 10º aniversario do Foro Social Mundial (FSM).

A metodoloxía do Foro Mundial de Educación

Como todos os Foros adsquitos ao FSM, o FME funciona de maneira autoxestionada
e autoorganizada, polo que existen cotas de inscrición para garantir o maior
autofinanciamento posíbel.
Ademais, as actividades a desenvolver –e os seus formatos– son propostas polas
organizacións participantes.

Quen organiza?

O Foro Mundial de Educación Investigación e
Cultura de Paz é un evento enmarcado baixo o paraugas
do Foro 2010, un gran contedor de eventos e actividades
a nivel mundial ao redor da Cultura da Paz, que
terán lugar en Santiago de Compostela en decembro de
2010. É unha iniciativa promovida orixinalmente polo
Seminario Galego de Educación para a Paz e pola
Fundación Cultura de Paz que conta, desde o seu inicio,
co apoio de gran número de organizacións sociais, así
como do Consello Internacional do Foro Mundial de
Educación. Apoiando a iniciativa existe un Comité de
Honra, un Comité Organizador de entidades peninsulares
e un Subcomité local galego.


SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010
Rúa do Valiño, 13-1º
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 e 981 561 956
www.foro2010.org | paz@sgep.org
INFORMACIÓN ESPECÍFICA SOBRE O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN:
info@foro2010.org (Tel. 686 021 933)

FONTE: FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario